¿Què é SEPES?

Presentación

SEPES Entidad Pública Empresarial de Suelo é unha entidade pública adscrita ao Ministerio de Fomento cuxa misión é lograr o reequilibrio social e económico de todo o territorio español a través da promoción, adquisición e preparación de solo para asentamentos residenciais, industriais, terciarios e de servizos. Para tal fin, elabora os proxectos de urbanización e encárgase da execución das infraestruturas urbanísticas necesarias.

Así mesmo, e cando llo encomendan as administracións competentes, SEPES realiza actuacións en materia de vivenda protexida, mediante a promoción de solo residencial e, en ocasións, a través da edificación das vivendas necesarias

Principios básicos de actuación

Aínda que podería recibir recursos dos Orzamentos Xerais do Estado por ser unha entidade pública, SEPES ven mantendo unha política de xestión patrimonial que lle permitiu autofinanciarse desde 1988, o que o obriga a estudar rigorosamente a viabilidade económica e financeira das súas actuacións, sen esquecer a súa función social.

Outro principio básico é a concertación. SEPES actúa tradicionalmente mediante a previa formalización de Acordos ou Convenios coas Administracións Públicas, esencialmente coas Comunidades Autónomas, Cabidos e con Concellos. Os acordos son de dous tipos:

  • - Convenio Marco coa administración competente en cada caso.
  • - Acordos concretos para cada actuación, nos que se establecen as condicións nas que se vai desenvolver o proceso.

Historia

SEPES é herdeira directa de dous organismos públicos que acadaron un gran prestixio no eido urbanístico da Administración do Estado: a Xerencia de Urbanización e o Instituto Nacional de Urbanización (INUR).

Foto para presentación de SEPES

A lei do 30 de xullo de 1959 creou a Xerencia de Urbanización como instrumento do Ministerio da Vivenda para liderar a acción pública na ordenación e construción das nosas cidades. O obxectivo era deseñar, xestionar e executar actuacións urbanísticas que preparasen solo residencial ao servizo dos plans estatais de vivenda, por unha banda e, por outra, desenvolver solo para a actividade económica.

Estes criterios guiaron as súas actuacións tamén cando a Xerencia, en 1972, cambiou o seu nome polo de Instituto Nacional de Urbanización (INUR), desenvolvendo unha importante actividade urbanizadora de solo residencial e industrial ata 1981.

En 1981 extinguiuse o INUR e creouse a Sociedad Estatal de Promoción y Equipamiento de Suelo, denominación da que nace o actual nome da entidade (SEPES). Boa parte do persoal e do INUR e todas as súas actuacións urbanísticas industriais pasaron a integrarse na nova sociedade, que transferiu as súas actuacións residenciais ás comunidades autónomas.

O Real Decreto 1525/99, do 1 de outubro, aprobou o novo estatuto de SEPES Entidad Pública Empresarial de Suelo. Con isto culminaba o proceso de adecuación á figura de entidade pública empresarial, prevista na Lei de Organización e Funcionamento da Administración Xeral do Estado (LOFAXE).