PRESENTACIÓN
Sepes, Entidade Estatal do Solo, como organismo público dependente do Ministerio de Fomento, ten unha importante función social encamiñada a acadar o reequilibrio social e económico de todo o territorio español.
Faino a través da promoción, adquisición e preparación do solo para asentamentos residenciais, industriais, terciarios e de servizos, mediante a elaboración de plans e proxectos de urbanización e a execución das infraestruturas urbanísticas necesarias.
Así mesmo, e cando llo encomendan as administracións competentes, Sepes realiza actuacións en materia de vivenda protexida, unha actividade que se incrementou notablemente desde que, en 2004, a Entidade pasou a depender do Ministerio de Vivenda.
Nos seus máis de 50 anos de historia, cidades enteiras desenvolveron o seu potencial de actividade económica da man de Sepes, a través de importantes actuacións urbanizadoras que van influír de xeito significativo nas mesmas: Palencia, Cartaxena, Valladolid, Segovia, Soria, Guadalaxara, Cuenca, Alacante ou Huelva son só algúns dos exemplos que o demostran.
Existen ademais, unha serie de actuacións que superan a actividade cotiá de Sepes e que, polas súas dimensións, repercusión e impacto, poderían catalogarse como grande actuación do Estado. Son proxectos como a Operación Campamento (Madrid), Bilbao Ría 2000 ou la Plataforma Loxística do Sudoeste Europeo (Badaxoz), e proximamente a Plataforma Loxística de León.
Principios básicos de actuación
Aínda que podería recibir recursos dos Orzamentos Xerais do Estado por ser unha entidade pública, Sepes ven mantendo unha política de xestión patrimonial que lle permitiu autofinanciarse desde 1988, o que o obriga a estudar rigorosamente a viabilidade económica e financeira das súas actuacións, sen esquecer a súa función social.
Outro principio básico é a concertación. Sepes actúa tradicionalmente mediante a previa formalización de Acordos ou Convenios coas Administracións Públicas, esencialmente coas Comunidades Autónomas, Cabidos e con Concellos. Os acordos son de dous tipos:
Antecedentes
Sepes é herdeira directa de dous organismos públicos que acadaron un grande prestixio no eido urbanístico da Administración do Estado:
La lei do 30 de xullo de 1959 creou a Xerencia de Urbanización como instrumento do Ministerio de Vivenda para liderar a acción pública na ordenación e construción das nosas cidades. O obxectivo era deseñar, xestionar e executar actuacións urbanísticas que prepararan solo residencial ao servizo dos plans estatais de vivenda, por unha banda, e por outra, desenvolver solo para a actividade económica.
Estes criterios guiaron as súas actuacións tamén cando a Xerencia, en 1972, cambiou o seu nome polo de Instituto Nacional de Urbanización (INUR), desenvolvendo unha importante actividade urbanizadora de solo residencial e industrial ata 1981.
En 1981 extinguiuse o INUR e creouse a Sociedade Estatal de Promoción e Equipamento de Solo (SEPES). Boa parte do persoal e de INUR e todas as súas actuacións urbanísticas industriais pasaron a integrarse na nova sociedade, que transferiu as súas actuacións residenciais ás Comunidades Autónomas.
O Real Decreto 1525/99 do 1 de outubro aprobou o novo Estatuto de SEPES, Entidade Pública Empresarial do Solo. Con isto culminaba o proceso de adecuación á figura de Entidade Pública Empresarial, prevista na Lei de Organización e Funcionamento da Administración Xeral do Estado (LOFAGE).
© 2010 Sepes Entidad Pública Empresarial del Suelo. Paseo de la Castellana, 91. 28046 Madrid. 91 556 50 15. www.sepes.es
2010 Sepes Entidad Pública Empresarial del Suelo -
Aviso legal -
Recomendacións -
Canle RSS -
Accesibilidade